martes, 21 de julio de 2009

Rufus Wainraight "Across the universe" "Oh what a world"

Unha hipnótica versión dunha hipnótica canción dos Beatles. Vaia maravilla
Olládea neste enlace...

E que dicir da fantástica "oh what a world" con ese final Raveliano e de novo hipnótico.

"Video killed the radio star" de The Buggles

Trevor Horn e Geof Downs formaron o grupo de tecno Buggles, alcanzando o éxito con esta canción, no que se añora o vello mundo da radio... Estes dous músicos participaron logo no disco " Drama" de Yes e mesmo Horn rematou co guitarrista deste grupo na súa nova aventura Asia.
É un pouco (ou moi) retro pero é unha pequena xoia dos anos 80.

Música "Forró" de Brasil.

A música do Nordeste de Brasil. Caña pura. Coñecín esta música grazas os recopilatorios de música étnica producidos por David Byrne (o líder dos Talking Heads).
Dominguinhos, Luis Gonzaga, Sivuca,... Disfutade deles:
Comezamos con Luis Gonzaga e Dominguinhos.

E agora do mesmo show un dos himnos do Nordeste Brasileiro. ¡Vaia trio de sanfoneiros (a sanfona é o acordeón en Brasil)!

E falando de sanfoneiros ... ahí van Dominguinhos, Sivuca e Oswaldinho.