Mostrando entradas con la etiqueta jazz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta jazz. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de marzo de 2010

VERSIÓNS 1: "Over the Rainbow" de El mago de Oz

Que bó e aveces comparar as distintas versións que dun mesmo tema se fixeron ó longo da historia. Imos ver que pasou có célebre "somewhere over the rainbow" da película "El mago de Oz", cantada por Judy Garland. Maravillosamente simple, verdade?

Outra versión clásica deste tema en versión jazz é da inigualable Sarah Vaughan. Vaia voz!

Seguindo co jazz escoitade e observade (non ten desperdicio) esta interpretación do rei da improvisación, o fantástico Keith Jarret

Outra versión no sentido clásico aínda que nunha vertente pop é esta ed Rufus Wainwright, acompañada pola súa nai ó piano,a recentemente falecida Kate McGarrigle:

Xa rematando temops outra versión ppop-rock, a de Eric Clapton coa súa maravillosa guitarra:

Só faltaba a versión rockeira que ven da man de Jeff Beck un dos grandes guitarristas da música rock e heavy-rock, antigo compañeiro de Clapton nos "The Yardbirds":


Por último unha das últimas versións que eu recoñecín buscando en youtube estas versións...(coñezoa dende fai tempo, ou sexa soábame, pero non tiña nin idea de quen era o intérprete) Segiuro que a vos pasouvos o mesmo. Ademais a a sorpresa é maior cando ves quen é este cantante, ó que por suposto non coñecía.
A primeira impresión é pensar vaia friki (prexuizos), pero en enseguida comezou o alucine. Eso, que alucinedes, coa versión (clickade aquí)

sábado, 16 de enero de 2010

"A lenda do pianista sobre o océano"

Só vin de Giuseppe Tornatore a película (maravillosa) de Cinema Paradiso, cunha non menos maravillosa música de Pois do mesmo directar acabo d epillar en youtube estos dous fragmentos da súa película "A lenda do pianista sobre o océano", na que se conta a historia dun gran pianista que vive e traballa nun trasatlántico de luxo do cal non sae baoxo ningún concepto. Nestes fragmentos asistimos a un hipotético duelo entre el e o gran jazzista Jelly Roll Morton (presentado coma un soberbio incomparable).
Disfrutade e a ver se coma min podemos ver pronto a película...
Parte 1

Parte 2

Keith Jarrett

E xa que estamos con pianistas, que dicir de Keith Jarrett. Para todos os que disfrutamos do maravilloso concerto de Colonia, e dos seus increíbles standards, agora en youtube podemos disfrutar da súa personal forma de interpretar. Escoitade o seu "Summertime", pero sobre todo observádeo e opinade.

"Time remembered" de Bill Evans

O jazz en estado puro. Un dos mellores pianistas do jazz e unha das máis máxicas e cautivadoras interpretacións de toda a historia.

"Send in the clowns" de Sarah Vaughan

Posiblemente a mellor versión desta sublime canción. ¿Quen é capaz de non conmoverse con esta canción e sobre todo con esta interpretación?

Máis scat ...con Al Jarreau

O maravilloso tema "Take five" de Dave Bribeck nan increíble versión de Al Jarreau. ¡Vaia voz!

lunes, 9 de marzo de 2009

Scat "around the world"

O scat é unha técnica vocal na que a voz é ó mesmo tempo un instrumento musical. Moitas veces a voz non canta palabras senón que se trata unicamente de sonidos, a máis das veces improvisados, cunha gran dose de virtuosismo.
Empecemos na India con Sheila Chandra:


Outro grupo indio fainos esta outra versión...


Dende Irlanda nos chega este tema de Nightnoise "Fionnaghaula"

O mesmo tema interpretado polo gran conxunto vocal Anuna


E dende Escocia a enorme cantante irlandesa Dolores Keane e o seu home John Faulkner facendo o mesmo

E tamén dende Escocia Karen Matheson e Donald Lunny co seu famoso "Puirt a Bheuil"


E dende os EEUU a raiña do scat Ella Fitzgerald cunha delirante versión dunha samba


O gran scatman moderno é sen dúbida Bobby McFerrin. Escoitade a súa versión da "Panteira Rosa"


E para riza-lo rizo a versión disco de Sacatman Joe que non podemos insertar "por solicitude" pero á que podemos acceder de momento neste enlace.