Mostrando entradas con la etiqueta música irlandesa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música irlandesa. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de febrero de 2011

The Pogues

The Pogues é unha banda irlandesa inclasificable, xa que oscla dende o folk máis tradicioanl ata o punk, pasando por temas pop ou de intenso mestizaxe...
Polo que respecta á súa vertente tradicional temos cancións como este "Dirty old town", versión dunha canción do músico escocés Ewan Mccoll ou como as cancións de taberna cós arquifamosos Dubliners.
"Dirty old town"

Ou esta deliciosa "A pair of brown eyes"


"Irish rover" cós The Dubliners. The Dubliners é o máis famoso de todos os grupos da chamada música de taberna. Escoitándoos xa nos podemos imaxinar de que vai ...


O sonido máis puramente "pogue" é no que se mistura esa forte tradición coa velocidade e aspereza do punk.
"Streams of Whiskey"

Ou nesta extraordianria versión de "Whiskey you're the devil"

E por suposto neste "Sick bed of Cuchulainn"


Pero tamén ten a súa vertente pop, a cal podemos ver nesta maravillosa "Fairytale of New York". Nesta canción canta con eles Kirsty Mccoll, antiga membro da banda que a deixou ó casar con Elvis Costello

lunes, 9 de marzo de 2009

Scat "around the world"

O scat é unha técnica vocal na que a voz é ó mesmo tempo un instrumento musical. Moitas veces a voz non canta palabras senón que se trata unicamente de sonidos, a máis das veces improvisados, cunha gran dose de virtuosismo.
Empecemos na India con Sheila Chandra:


Outro grupo indio fainos esta outra versión...


Dende Irlanda nos chega este tema de Nightnoise "Fionnaghaula"

O mesmo tema interpretado polo gran conxunto vocal Anuna


E dende Escocia a enorme cantante irlandesa Dolores Keane e o seu home John Faulkner facendo o mesmo

E tamén dende Escocia Karen Matheson e Donald Lunny co seu famoso "Puirt a Bheuil"


E dende os EEUU a raiña do scat Ella Fitzgerald cunha delirante versión dunha samba


O gran scatman moderno é sen dúbida Bobby McFerrin. Escoitade a súa versión da "Panteira Rosa"


E para riza-lo rizo a versión disco de Sacatman Joe que non podemos insertar "por solicitude" pero á que podemos acceder de momento neste enlace.